Unha autocrítica necesaria nas Letras Galegas

Unha autocrítica necesaria nas Letras Galegas

Hai un mes comentaba Albert Noguera nun artigo de eldiario.es que debido á concepción posmoderna, a II República esgotábase na conmemoración. O 14 de Abril convertíase nunha data de usar e tirar, de entronizar o momento presente para despois esquecelo o resto do ano. A cultura do día de que rexe os nosos ideais segundo a celebración que indiquen os TT no Twitter.

Este fenómeno non é aillado e ten no Día das Letras Galegas un dos seus máximos expoñentes. Xa non só nas cabeceiras dos principais xornais escritos do país, nos que normalmente aparece só a través de contados artigos de opinión ou entrevistas. Xa non en calqueira tipo de organismo (clubes deportivos, institucións, mesmo empresas) que poden ter unha vinculación máis habitual, como poden ser o caso do Celta de Vigo e ABANCA. O exemplo máis triste é o directamente relacionado con futuro da lingua: a mocidade.

Eu, como milleiros de rapaces galegos, formo parte dunha xeración única na nosa historia: Pese a que o galego gozou dende antes do noso nacemento o status de lingua oficial, pese a existir un consenso lingüístico no ensino -pese a oposición de grupos auténticamente radicais como Galicia Bilingüe– ou pese a existencia de medios públicos que fixeron posible crecer con series que hoxe non imaxinamos noutra lingua que non sexa a de Castelao; tamén medramos en moitas casas nas que como continuación á represión do franquismo, vimos como os nosos pais-que cos seus falan aínda en galego- ensinábanos en castelán.

Dentro desta propia xeración, a paradoxa acada os seus máximos na ampla porcentaxe da mocidade que simpatiza co galeguismo, ben dende unha postura puramente identitaria ou folclórica ata o independentismo. O galeguismo asúmese como unha cualidade máis por aqueles que se consideran a si mesmos de esquerdas: Feminista, antiracista e galeguista. En moitos casos non se tivo tempo a ter estudado ningunha destes temas para ter unha opinión real, polo que adóptase unha vez máis unha postura na que predominan os lemas sobre as ideas.

E así rematamos –eu o primeiro, as cousas como son- cambiando a lingua dos nosos chíos cada 17 de Maio e 25 de Xullo nun acto máis propio da hipocresía que da diglosia, compartindo os versos máis emotivos do escritor homenaxeado ese ano, do que o ano seguinte non lembraremos nin o nome. E así ano tras ano, mentres o galego perde falantes e continúan estigmas sociais como pensar que es de aldeanos.

Din que debemos ser o cambio que queremos ser no mundo, e eu como cambio estou fracasando. Tiña claro que estudando en Compostela o galego estaría moito máis presente no meu día a día, xa que en Vigo non tiña tanta facilidade máis alá de círculos moi pechados ou xente doutras partes do país. Pero teño claro que aínda queda moito por percorrer. Sinto un enorme respecto dende sempre por aqueles que son capaces de falar en galego sempre, por enriba de prexuízos.

Cada pouco, por sorte, temos motivos para sentir de novo orgullo dun idioma que non é só o propio de Galicia como deixa claro o Estatuto de Autonomía no seu artigo 5, senón tamén o seu patrimonio máis importante. Igual un día descubres a un hindú investigando sobre o galego que ao novo ídolo de masas sueco amosando unha realidade: Falar galego é doado, tan só hai que querer.

 

Feliz Día das Letras Galegas a tódolos bos e xenerosos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s