Anik Nandi afonda na perda do galego entre xeracións

Anik Nandi afonda na perda do galego entre xeracións

O profesor Anik Nandi basea a súa tese doutoral no fenómeno da perda de transmisión do galego entre xeracións, establecendo unha comparativa con outros casos semellantes en México ou na India

cg9ev1hwgaebwd3
O profesor Anik Nandi (centro) con algúns dos alumnos presentes na charla

O profesor da Heriot-Watt University Anik Nandi elaborou a súa tese doutoral sobre a perda na transmisión do galego entre xeracións, especialmente nas últimas décadas. Aproveitándose tamén da súa experiencia estudando o bable ou mesmo na súa India natal, afonda neste fenómeno chave para entender a perda de galegofalantes. “O goberno é o responsable da política educativa e esta é mellorable -sinalou- aínda que hai outros actores”. O principal problema ven da perda de transmisión dentro das familias. Este proceso estivo moi condicionado pola represión durante a dictadura franquista e as migracións ás cidades, malia que continúa vixente. As semellanzas indo-galegas exténdense á presenza de movementos sociais de apoio ás linguas minorizadas, como a Mesa pola Normalización Lingüística.

Esta foi presentada na Facultade de CC da Comunicación da USC nunha ponencia que consistiu en dúas partes: Na primeira, en inglés; explicou a situación sociolingüística na India, destacando as máis de 2000 linguas presentes no país e centrándose no bengalí, a súa lingua nai. A segunda parte e, para sorpresa dos alumnos; foi en galego e consistiu en respostar ás preguntas dos mesmos. A través das súas experiencias persoais e investigacións, o colaborador do Instituto da Lingua Galega falou nun ton coloquial da situación do galego e doutros idiomas de países como México ou o bable asturián.

Na India, pese a existir ata 60 linguas no seu sistema educativo, hai ´outras case 200 en perigo de extinción. Este enorme número de linguas é unha consecuencia directa das enormes diferenzas demográficas: Hai que ter en conta que o país ocupa máis de 6 veces o tamaño de España e case 1 de cada 5 habitantes da Terra.  Dende a súa opinión, alí non hai ningún conflicto no plurilingüismo nas aulas, como si ven ocorrendo en España nos últimos anos. O problema reside en que son máis falas que linguas escritas. Para que poidan sobrevivir, sería precisa unha normalización das mesmas en todos os soportes: Xornais escritos e dixitais, televisión, páxinas web, anuncios…

Anik Nandi (esquerda) durante o XVI Encontro para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega

Anik Nandi que fala 5 idiomas con fluidez (hindi, bengalí, inglés, castelán e galego) e entende o bable e o portugués, pode incluirse dentro dos máis de 3000 alumnos que estudan galego no estranxeiro. Coñecedor xa da realidade do idioma de Castelao, rematou afirmando que “Nesta sociedade, ata unha pedra podería aprender castelán” pola súa condición de lingua hexemónica, aínda que “calquera pode aprender a falar en galego con soltura, é só querer”.

 

Anuncios

Un comentario sobre “Anik Nandi afonda na perda do galego entre xeracións

  1. Pingback: Hoja en sucio

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s